Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Melide
Parroquia: Santa María de Melide
Lugar: Melide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

O museo naceu no ano 1978 pola iniciativa dun grupo de persoas interesadas no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Nun principio instalouse na Biblioteca Municipal, situada nos baixos do Concello. Ao aumentar os fondos, no 1982 trasládase a unha casa na que se instalan dúas salas. No ano 1999, nunha reunión mantida polos socios, aprobouse a adquisición do antigo hospital de peregrinos, edificando nel o novo museo e rehabilitando a súa fachada. As obras foron custeadas por subscrición popular, implicándose socios, veciños e institucións. A inauguración foi no ano 2001. O museo está dividido en oito salas. Na primeira pódense ver fotos dos monumentos do Camiño de Santiago, unha maqueta onde se localizan os monumentos da Terra de Melide, capiteis medievais, etc. Na segunda sala, pezas do Neolítico e a Idade do Bronce. Na terceira achados do castro da Graña e da vila romana do Piñor, tesouriño de moedas de Sobrado e unha colección de moedas e reloxos. Na sala catro materiais e utensilios relativos aos oficios tradicionais. A sala cinco está adicada aos apeiros de labranza e do telleiro, a escola antiga e a música. A sala número seis dedícase ao tecido (liño e la). A sete á casa. E na última está a Biblioteca e o arquivo, publicacións e o obradoiro de restauración.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.mtmelide.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9165333004
Lonxitude: -8.01504135132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84