Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Tines (Santa Baia)
Lugar: Tines
Outra denominación do ben: Santa Eulalia de Tines
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de Santa Baia de Tines construíuse sobre os restos dunha vila romana e dunha importantísima necrópole romano-sueva, dos que se atoparon restos no pasado século.
A igrexa sufriu bastantes reformas, incluso a incorporación dunha ermida, a Ermida Vella, que agora é a capela sur. A parte máis antiga é a ábsida, a capela maior, de estilo románico do século XII. O máis interesante son os seus capiteis historiados. O do lado norte representa a escena do pecado e castigo de Adán e Eva e a do lado sur, o martirio de Santa Baia de Mérida, a quen está dedicado o templo. Son de feitura moi rústica, pero bastante raros na zona. Aseménllanse un pouco á escultura castrexa.
Tamén conta cun fermoso retablo barroco na Ermida Vella, realizado en 1751 por Ignacio Martínez.
Exteriormente conta cunha estreita ventá seteira rematada en arquiño de medio punto. Na porta de entrada ó adro existe unha figura dun Agnus Dei, que posiblemente sexa románico tamén.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.11143209427676Lonxitude: -8.970798254013062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84