Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: A Armenteira
Lugar: Armenteira
Outra denominación do ben: A Armenteira
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro érguese sobre unha plataforma dun só chanzo. O pedestal é pequeno e cúbico con arestas superiores rebaixadas. O varal arranca con sección cadrada e é octogonal no seu remate. Amosa un engrosamento na sua altura media onde se cravou un epígrafe e un pequeno escudo enbaixo. O epígrafe non é moi lexible pero pódese distinguir o seguinte:

DAM
(?)OTE
(?)YSE
AN(A)TEM
AD(E)M
O (?)
(?)DIT
(?)CHP(?)

O capitel amosa volutas no extremos. Entre estas e o ábaco atopamos un craneo no anverso e unha flor de catro pétalos nas outras caras. A cruz é de sección cadrada coas arestas rebaixadas cun Cristo de catro cravos baixo cartela de INRI no anverso. Amosa as mans pechadas, e pano de pureza co nó a súa esquerda.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDÉZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao “Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Meis”. Editorial AGCE, S.L. Mos 2010. ISBN: 978-84-87904-89-9. Páx. 19-20


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4641548529
Lonxitude: -8.74178650993
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84