Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: A Armenteira
Lugar: A Armenteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro érguese sobre unha plataforma de tres chanzos. O pedestal é cúbico con arestas rebaixadas. Conta con mesa no anverso, apoiada en dous chanzos que lle serven de alicerce. O varal é de varias seccións, cuadrangular no seu comezo, octogonal na parte media e cilíndrico no remate. Amosa unha figura de Santa Lucía no anverso do varal. O capitel é xónico, con volutas nos extremos, e na parte central, cabezas de anxos e cráneos sobre tibias separadas por espiñas. A cruz é de sección octogonal con extremos rematados en semiesferas fendidas. No anverso aparece a figura de Cristo baixo a cartela de INRI, co rostro inclinado cara o seu oombreiro dereito, ao que se abraza San Francisco. O cristo á súa vez apoia a sua man dereita nos ombros de San Francisco en sinal de afecto. No reverso, aparece a imaxe da virxe cuberta por un manto con moitos pregues, en posición recollida e coas mans entrelazadas.

O cruceiro está mal montado pois no capitel presenta un craneo con tibias baixo da virxe, cando debería estar polo outro lado, debaixo do crucificado. O varal foi soldado en varios puntos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDÉZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao “Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Meis”. Editorial AGCE, S.L. Mos 2010. ISBN: 978-84-87904-89-9. Páx. 16-18.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4639448962
Lonxitude: -8.74179157645
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84