
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Vía Sacra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No ano 1600 comezouse, seguindo as trazas de Mateo lópez, que dictou as condicións ós mestres canteiros encargados, a reforma da súa zona occidental. Esta, tanto polas súas dimensións como pola dificultade que entrañaba o proceso de ir demolendo o edificio medieval a medida que avanzaba a obra, foise atrasando inda que en ningún momento parece que os traballos cesaran. Entre os anos 1641 e 1645 dáse por realizada a parede de sillería que dá á Quintana.
En maio de 1699 a comunidade benedictina decide construir un novo templo dende os seus alicerces derrubando o vello e empezándose a construir a primeiros do 1700.
A planta da nova igrexa é unha cruz grega un tanto peculiar, xa que os brazos do cruceiro presentan un tamaño menor que o testeiro, que se prolonga para dar cabida á sancristía, mentres que ós pés sitúase un coro baixo encadrado dentro da claususra. En altura, o interior está configurado por catro grandes pilastras dóricas, co seu correspondente friso e cornixa voada, que serven de arranque á cúpula. Os altares que enmascaran os lenzos da igrexa son os que dan a sensación dun ámbito barroco.
O exterior chama a atención a perfecta distribución volumétrica do conxunto, arroupado polo lenzo da Quintana. A fachada é monumental, descentrada cara á esquerda, en relación co eixo da igrexa: convértese nunha verdadeira fachada cortina que no interior se corresponde cunha capela. De traza clásica, organízase en dous corpos perfectamente diferenciados. O inferior sostido por columnas dóricas, con altos pedestais e un só tríglifo como friso. A segunda planta, flanqueada por pináculos piramidais moldurados con bóla, un corpo rectangular rematadado por un frontón recto que acubilla no seu plano o escudo real. A fachada está presidida por unha imaxe, eminentemente barroca, do santo patrón do mosteiro.
A actividade constructiva iniciada no século XVII prolongouse ó longo de toda a primeira metade do século XVIII. Entre as ampliacións levadas a cabo, destacar a construcción dun claustro rematado no ano 1661 así como unha nova sancristía, a portería, novas celas, locutorios, escaleiras e un novo cuarto de dormitorios ademais dunha porta de carros no ano 1771.
Dicir que San Paio de Antealtares naceu como convento de monxas á sombra da reforma iniciada polos Reis Católicos. O inspirador da idea, Frei Rodrigo de Valencia, conseguiu reunir a tóda-las comunidades de benedictinas galegas baixo un mesmo teito o 23 de xullo de 1499 nas edificacións abandonadas polos pelaios na súa anexión a San Martiño Pinario.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-BONET CORREA, A.: “La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII”. Madrid, 1966.
-GARCÍA COLOMBÁS, M.B.: “Las señoras de San Paio”. Madrid, 1980.
-FILGUEIRA VALVERDE, J.: “Guía de Santiago”. Madrid, 1932.
-FILGUEIRA VALVERDE, J.: “Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itineraarios”. Santiago, 1950.
-FOLGAR DE LA CALLE, Mª.C.: “La Puerta de los Carros del convento de san Pelayo de Anteantares: Fernando de Casas y Lucas Caaveiro”. Cuaderno de Estudios Gallegos, XXXV, Santiago, 1984-1895.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Santiago de Compostela”, Vol. XI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-VIGO TRASANCOS, A.: “Sobre el arquitecto portugués Mateo López, la iglesia monástica de san Martín Pinario y el Clasicismo en Compostela”. Nas actas do X Congreso de CEHA: Los Clasicismos en el Arte Español”. Madrid,1994.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8806931522Lonxitude: -8.54318976402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84