
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Láncara
Parroquia: Bande (San Pedro)
Lugar: Bande Susaos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa é románica da segunda metade do século XII. Pertenceu a un mosteiro que dependía do de Samos, tal como semella amosalo un documento do ano 1057. Consta dunha nave de planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas. A ábsida, semicircular, está unida ao corpo rectangular do presbiterio, co tellado sostido por canzorros. A fachada é moderna e nos muros laterais consérvanse dúas portas con arcos semicirculares. Espadana de dous vans. Adro-cemiterio ao redor. No interior gárdase a colección de seis grandes óleos, que se cren de gran valor e que foron doados pola familia López Quiroga e Somoza.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8799656Lonxitude: -7.393024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84