Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Ría de Arriba
Outra denominación do ben: Muíño do Arnal
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño de herdeiros onde acudían varias casas do lugar da Ermida que se repartían as horas de muiñada semanalmente. Os veciños tanto o coñecen co nome de O Mato como de Arnal, sendo ‘O Mato’ o empregado polos herdeiros. Os nomes veñen da finca do Mato e do uteiro de Arnal aos que o muíño estaba próximo.

A Edificación é de planta rectangular en pedra de cachotería situado na beira dereita do regueiro de Pintos. Teitume a unha auga con tella rematada con penais de laxe. A porta estaba na beira oposta ao regueiro.

O muíño tivo actividade deica finais dos anos corenta en que se abriu unha muiñeira eléctrica coñecida como “La Molinera”.

Preto deste muíño, uns 50 metros máis arriba no regueiro, había una pontella feita con dúas laxes de pedra a que lle chamaban a Ponte do Demo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Muíño comunal abandonado a finais dos anos corenta.


Onde está localizado

Latitude: 42.4180027038
Lonxitude: -8.6067044735
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84