Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Bugarín (Santa Cristina)
Lugar: Quintela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Alto das Rabedeiras é un xacemento castrexo situado nunha estribación alongada do macizo montañoso da Picaraña, nunha posición elevada, distante das veigas do Val do Tea, pero con dominio sobre elas. O xacemento aproveita os afloramentos rochosos como defensas naturais. Trátase dun recinto elevado, de forma alongada, rodeado por un terraplén adaptado á forma do outeiro. Unha pequena terraza rodea ao primeiro recinto de norte a oeste, protexido á súa vez por outro terraplén. Tras isto, apréciase un parapeto, parcialmente conservado, que remata no foxo, zona de protección do lado norte do xacemento. Actualmente atópase cortado pola estrada de acceso, sendo perceptible a remodelación do lugar, que distorsiona as defensas do xacemento.
O lado sur tamén presenta unha terraza que rodea o recinto pola base do terraplén, e sobresae a modo de parapeto, aínda que progresivamente perde resalte ata confundirse co terreo.
Hai que destacar o afloramento granítico do extremo sureste, que chega á base do outeiro e proporciona unha parede case vertical.
En todo o recinto, restos de antigas canteiras tradicionais duns 40 metros modifican o lugar, especialmente na zona nordés, o que dificulta a investigación.
No xacemento do Alto das Rabadeiras atopáronse numerosos fragmentos de cerámica castrexa.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: Ficha do Catálogo nº78
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Inventario de Xacementos Arqueolóxicos. Xunta de Galicia. Ficha do Catálogo Nº 78.
– Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Ponteareas. Clave GA36042078.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1880555556
Lonxitude: -8.49527777778
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84