Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardín da Policía Local
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este grande Metrosidero centenario, emblema da cidade da Coruña, árbore das bruxas ou pohutukawa (como o bautizaron os indíxenas maoríes de Nova Zelanda) está recollido na lista do libro “Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia”, da Consellería de Medio Ambiente no 2008, na páxina 146. Está xunto con outros exemplares conformando un espazo axardinado dentro dos muros da policia local da Coruña. Segundo o catálogo que nos dí que:”Aínda que non dispón de suficiente espazo para manifestarse en toda a súa potencialidade, este exemplar ofrécenos a excelente arquitectura propia das árbores da súa especie.
O tronco ramifícase case dende a base en catro grandes brazos que nacen en sentidos opostos, os cales configuran unha copa globosa e de grandes dimensións.
Pola súa idade amosa na copa unha impresionante maraña de raices aéreas adventicias, a modo de barbas longas e filiformes, que colgan dos brazos e chegan ata o chan, xerando unha composición de gran exotismo, vistosidade e fermosura.”
Esta árbore foi considerada a máis importante de Galicia no Inventario de Árbores Sobresaíntes de Galicia, realizado no ano 1985 pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agriculturada Xunta de Galiza.
Ten unha altura duns 21 metros cun perímetro normal de 3,50; 4,15; 4,00 e 3,00 metros. Ten un diámetro de copa que chega os 24 metros e a súa idade estimada son duns 300 anos. Fai uns anos, unha tribu da Oceanía ven a venera-la árbore e deixándolle un amuleto que aínda hoxe se pode ollar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A.; BERNÁRDEZ VILLEGAS, J.G.; RODRÍGUEZ DACAL, C.: “Árbores e formacións senlleiras de Galicia”. Xunta de galicia, 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.376281152
Lonxitude: -8.39696645737
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84