Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Xinzo de Limia (Santa Mariña)
Lugar: Xinzo de Limia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peche que se atopa na Praza Maior de Xinzo, formado por banco corrido de sillaría de granito de pouca altura, sobre o que se atopa unha balaustrada de aceiro de fundición e nos extremos remate en forma de xarrón, produto da industria de D. Manuel Malingre Ludeña.
Foi desmantelada do seu anterior emprazamento nos xardíns do Bispo Cesáreo ó carón da Alameda de Ourense.

A Estrada de Villacastín a Vigo (hoxe rúa do Progreso), dividiu a actual “Alameda” en dúas partes. Polo que en 1904 proxéctase o cerramento do lugar, nas dúas partes, esta actuación supón unha continuación ao encargo realizado en 1898 polo Concello de Ourense ao arquitecto D.Daniel Vázquez-Gulías por aquela época, para organizar a anteriormente coñecida por “Horta do Concello”, que, dende entón, pasará a denominarse “Alameda”.
Na actualidade sobrevive boa parte do cerramento da parte baixa da “Alameda”. Posteriormente prodúxose o desmantelamento do da parte superior (praza do bispo Cesáreo, anteriormente horta do concello), trasladándose a Xinzo de Limia, onde delimita o perímetro da súa praza maior.

Información: ourensenotempo.blogspot.com.es


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2013/07/el-cierre-de-la-horta-do-concello-en.html
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/search?q=alameda
http://www.laregion.es/galeria/8/108
http://www.laregion.es/galeria/8/109
http://www.laregion.es/galeria/8/112


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0630420194
Lonxitude: -7.72606551647
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84