
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Construída en 1952 sobre unha antiga capela do século XIX, a ermida érguese sobre unha plataforma rectangular a 2 m sobre a cota do chan. Accedese a ela por unhas escalinatas de planta semicircular. As esquinas da plataforma están rematadas cada unha por un copón sobre un pedestal. No centro érguese a ermida, de arquitectura adintelada, pequeno adro na fronte, remates en pináculos nas esquinas e a imaxe do Sagrado Corazón coroando a fachada. O espazo interior está cuberto por unha bóveda de canón e dúas pequenas aberturas nos laterais. No exterior, hai que destacar as gárgolas con forma de cabeza de galo nas esquinas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior hai un sinxelo retablo cego (sen policromía) de estilo estilo neogótico cun andar divido en tres corpos, coas imaxes de San Antonio de Padua na esquerda, o Sagrado Corazón no centro e Santa Teresa do neno Xesús e a Santa Faz na dereita. Todas elas son do século XX. O retablo está flanqueado por dous pequenos pousadoiros en madeira con imaxes de material plástico. Na parede da esquerda hai unha cruz de madeira.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SANCHÉZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas” Edita Concello de Ponte Caldelas. 1990. ISBN: 84-505-9371-9. Páx. 118.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3984482954Lonxitude: -8.50445899397
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 18, 2014
A subida a esta capela faise seguindo un via crucis de pedra, existindo unha lenda sobre unha pisada do cabalo do apóstolo Santiago nunha rocha das inmediacións.