Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro érguese sobre unha plataforma de planta cadrada con tres chanzos, o primeiro parcialmente cuberto polo asfaltado da praza. O pedestal cúbico con arestas rebaixadas. No anverso do pedestal, atopamos o seguinte epígrafe de difícil lectura:

ESTA OBRA MAN
DO HAZER POR SV D
EVOCION TIBVRCIO
FREIXO ANO DE 1756
TDO 3-4-1956

A última data faría referencia a un traslado do cruceiro.

No frontal da peaña hai un baixorrelevo de difícil interpretación, pero que segundo Antonio Fraiz, representaba unha escena do purgatorio na que dúas almas arden no lume do inferno mentres a ambos lados, San Francisco e San Antonio, tenden sobre a cabeza das mesmas o cordón franciscano, ao que se agarran coas máns.

O varal é de sección cadrada no seu comezo e octogonal no remate con tres santiños, dous no anverso (Santo Antonio Abade ou San Amaro e sobre él Santa Mariña), e un no reverso (Santa Bárbara, quen coa man dereita agarra unha palma, e coa dereita, un castelo).

O capitel ten volutas nas esquinas e cabezas de anxo na parte central, escepto no anverso, debaixo do Cristo, onde atopamos unha caveira sobre dúas tibias. No anverso da cruz atopamos un Cristo acompañado de San Francisco. No reverso, atopamos dous anxos ao longo dos brazos da cruz coroando unha virxe na súa advocación do “Socorro”. Sostén unha vara para defender a un neno que agabea pola súa saia do demo que repousa, vencido, aos seus pes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ir Indo edicións, S.A. Vigo, ISBN: 84-7680-260-9. Páx: 305-306.

FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campaño”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 15, 1961, páxs. 19-61.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4685233754
Lonxitude: -8.66151306063
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84