Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Moldes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro con plataforma de granito de tres chanzos. Pedestal cúbico de arestas superiores rebaixadas. Na cara frontal temos unha inscrición practicamente borrada na que dificilmente se pode ler a primeira liña estando o resto totalmente desaparecido. Por Fraiz Rodríguez sabemos que puña:

EN DEVOCION DE BENITO DE
CASTRO Y SV MVGER MICAELA
CORREDOIRA ANO DE 1786

Pola beira dereita atopamos outro epígrafe que reza:

ARRANXADO
ERGUEUSE
O
MCMXC

O varal é octogonal presentado un santiño na fronte: San Bieito cos seus atributos de abade: báculo, mitra e libro das Constitucións na súa man esquerda.

O capitel é de orde composta, con anxos entre as volutas pero caveira e tibias baixo do Cristo.

A Cruz é de nós co Cristo no anverso e Virxe coroada no reverso.

Con anterioridade aos anos 60, a cruz caeu por mor dun vendaval, de resultas do cal, do Cristo so quedou a cabeza e o tronco. O Cruceiro quedou sen cruz por moitos anos, gardada na casa dun veciño. Polo gravado no pedestal sabemos que foi reparado e montado de novo en 1990. Non sabemos se nesa mesma data ou posteriormente, o cruceiro foi traslado de lugar. Estando orixinalmente no centro dun cruce de camiños, moveuse uns cantos metros a carón dun muro para o asfaltado da estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 15, 1961, páx. 55-56.

“Planos espedícificos de infraestructuras do Concello de Pontevedra. Campañó” Concello de Pontevedra, 10/2013 [Consulta 08-02-2014]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4765556801
Lonxitude: -8.6674836579
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84