Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Meis
Parroquia: Paradela (Santa María)
Lugar: Señoráns de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX, Século XXI,
Descrición:

Capela de recente factura, xa que se comezou a construir no ano 1995 e rematouse no 2005.
Feita a base de cadeirado granítico, a dúas augas, agas na sancristía que é a catro augas, con tella do país e remates en pináculos. Na fachada principal atópase a porta de entrada con arco de medio punto. Por riba dela unha pequena fornela na que aparece a imaxe do patrón. O conxunto remata cunha espadana dun so van de arco de medio punto e, coroandoa, unha cruz cos brazos potenzados e dous pequenos pináculos nos lados.

A capela costou cerca de 200.000 euros e é unha réplica do antigo templo do Pazo d’A Moroza, de propiedade particular, na que se celebraba a festividade ata os anos 50 do século pasado e que desapareceu tras un incendio.

A nova construción conserva parte do estilo románico que atesouraba o modelo orixinal, pero tamén engade algunhas novidades como a tribuna na parte posterior da estrutura e o altar, unha peza escultórica obra do artista meañés Pazos.

Tamén destacan as doazóns de santos realizadas por particulares.

O investigador Gallego Rei fala da pegada desta capela na literatura de Ramón del Valle Inclán. O escritor cita unha «iglesia de freires», que segundo Gallego Rei fai referencia ao antigo templo parroquial de Paradela, que se atopaba onde hoxe se atopa a Capela de San Gregorio, e que posiblemente tivera algunha relación co gran priorato que existía perto, en Portas, e que dependía de Armenteira.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/03/10/5619278.shtml


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5491146274
Lonxitude: -8.7071827054
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84