Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Friol
Parroquia: Cotá (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequena anta de estructura poligonal tendente a circular cunha pedra cobertora monolítica e sen vestixios do corredor de entrada. Conserva seis esteios e a tampa esta apoiada en tres deles. O esteio número seis atópase apoiado na tampa oblicuamente e sobresae por encima dela, polo que é doado supoñer que non está na sua posición orixinal.
Dolmenes de Galicia por Ramón Boga Moscoso
Lamentable o estado de conservación que o concello de Friol lle presta a este monumento que está declarado ben de interese cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A entrada a zona onde se atopa o dolmen está preto dunha casa que está en restauración, se cadra por iso non haxa sinalización de ningún tipo.
Cando ti aparcas de lado da casa en obras, o dólmen está a douscentos metros. Con duas ou tres sinais, unha na estrada, outra no aparcamento e outra xusto o lado sería suficiente. Despois o dólmen está xusto o lado do camiño e con pasar unha desbrozadora nun pequeno espazo de terreo sería suficiente. Pero coma sempre parece que hai cousas moito máis importantes por facer nun sitio tan turístico coma e Friol. Simplemente lamentable.
Non podo precisar a localización exacta, pero pra chegar ata él hai que fixarse nunha pequena entrada na marxe esquerda do camiño e subir un pequeno valado. O dólmen está a dous metros de alí e se estivera limpo divisaríase dende o camiño principal.
Onde está localizado
Latitude: 43.035323132917284Lonxitude: -7.72412896156311
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84