
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Cabaleiro
Outra denominación do ben: Cruceiro da Eirexa, Cruceiro do Cabaleiro Igrexario
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro parroquial do que a construcción se estima no ano 1744, de cando o parroco era D. Jose Manuel Sanchez y Barbeitos, as armas familiares do cal aparecen na Casa das Caras na praza da Ferrería de Pontevedra.
En canto a autoría , Fraiz dubida entre Benito Gosende, natural de Tenorio, ou Isidoro López, autor da igrexa parroquial.
O cruceiro elévase sobre unha plataforma de planta cadrada con tres chanzos, sobre o que se ergue un pedestal cuadrangular con baixorrelevos en dúas caras, sur e oeste. No primeiro se amosan cinco figuras, unha delas, a máis a dereita, e un anxo que recolle unha ánima para levala a groria. A figura máis a esquerda parece que leva unha coroa. Todas elas son desproporcionadas con cabezas moi voluminosas. Na parte posterior atopamos unha figura de difícil interpretación, viste de hábito pero porta un tridente.
O varal, de tres metros, cadrado no seu comezo e octogonal no remate, amosa dous santiños nas beiras norte e sur a mesa altura. No norte, aparece San Xosé identificado por unha inscripción: S.JO-SE-PH. E pola sur, atopamos a San Pedro recoñecible polas chaves que porta na man.
A cruz é de corte octogonal. No anverso, aparece Cristo con mans abertas, cabeza reposando no seu ombreiro dereito, e nó do pano de pureza a esquerda. Abrazado ao corpo do redentor atopamos a San Francisco e debaixo atopamos ao demo. No reverso da cruz atopamos a Virxe no seu ciclo glorioso, coroada por anxos dispostos horizontalmente ao longo dos brazos da cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 15, 1961, páx. 47-50.
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza”. Editorial Galaxia, Edición facsimilar. Vigo 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Lámina LI.
“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf
“Planos espedícificos de infraestructuras do Concello de Pontevedra. Campañó” Concello de Pontevedra, 10/2013 [Consulta 08-02-2014]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4636682974Lonxitude: -8.66643726826
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84