Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardíns de Méndez Núñez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Por unha iniciativa da comisión de arborado e paseos públicos o 18 de xullo de 1883, os edís municipais, en sesión do 20 de xullo decidiron solicitar ao arquitecto Juán de Ciórraga a presentación dun palco de música en ferro de gran vistosidade e elegancia pra sustituír o existente, do cal, debido ao seu feo aspecto e insegura construcción, non agradaba a súa recuperación.

Con anterioridade, un importador vigués, Emilio Valenzuela, xestionara as condicións de compra e montaxe dun palco da casa inglesa Walter MacFarlam & Company con domicilio en Glasgow (Fenchurch Street,24). Valenzuela enviáralles cinco debuxos de quioscos que representaban “en plano un octógono de 19 pés e 8 e 1/2 polgadas inglesas (6 metros de diámetro), 12 pés e 3 polgadas de alto e 25 pés e 9 polgadas ata a marca final do centro, constando de 8 columnas de 4 polgadas de diámetro por 9 pés e 9 polgadas de alto cos seus adornos e ménsulas”. Os prezos variaban dende as 19.900 ata ás 36.500 pesetas o máis caro.

Ciórraga, apoiándose nun dos modelos, asinou o 31 de xaneiro de 1884 o deseño actual. O 8 de marzo, o concello aprobou o proxecto e orzamento cun custo de 15.941 pesetas con 14 céntimos. Na proposta do arquitecto municipal, a base poligonal do palco vai de sillería de Parga (Lugo), sostendo o tinglado en ferro que conforme ó debuxo da fábrica Walter MacFarlam, sería “todo de ferro coado de forma octogonal con 9 metros e 144 milímetros (30 pés ingleses) de diámetro medidos de lado a lado, por 4 metros e 267 milímetros (14 pés ingleses) de altura dende o piso ata o aleiro, con columnas de 152 milímetros (6 polgadas inglesas) de diámetro nos ángulos do octógono, con antepeito ou varanda nos lados do mesmo de 914 milímetros (3 pés ingleses) de altura, con ménsulas de sostenemento do aleiro, con témpanos e arquivoltas dos arcos, con cornixa e aleiro, con antefixas, con cuberta de palastro ou planchas de ferro galvanizado de 4 milímetros de groso, con armazón de soportes de ferro tirado á ringleira en forma de T e L para soster a cuberta e recibir o teito de madeira, con remates de coronación e accesorios, cravazón e pezas soltas indispensábeis para a súa colocación sobre o muro”.

O 18 de abril de 1884 tivo lugar a subasta das obras e inícianse as obras de construcción o 24 de maio. O 23 de agosto cun animado concerto matinal a cargo do orfeón “El Eco” e a banda de música do Reximento de Murcia, inaugurábase este singular palco. Superada a ledicia con que se recibiu nos momentos iniciais da súa construcción, esta chocou coa oposición dos directores das bandas de música que amosaron o seu malestar ao ter que acceder á plataforma polo interior do mesmo. O arquitecto deseñou o 27 de xullo unha escaleiriña exterior metálica que sería contratada o 18 de novembro de 1884 co mestre ferreiro Mariano Rodríguez por 1.141 pesetas con 35 céntimos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Una arquitectura desaparecida, kioskos de refrescos y tinglados de feria de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña”. Boletín académico da E.T.S.A da Coruña, nº 10, A Coruña, 1989.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña”, Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3682366811
Lonxitude: -8.40141758323
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84