Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Praza Escultor Asorey
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Escultura pública realizada por José Cao Lata, escultura en granito, e Joaquín Gil Armada, fundición en bronce.
Co galo de homenaxear ao escultor Francisco Asorey, o 12 de outubro inaugurouse esta copia en granito da súa obra en madeira “A Naiciña” (1922).
Esta copia en granito consiste nun pedestal cúbico liso no que atopamos un bronce na cara frontal co perfil do escultor Asorey e os seguintes epígrafes estendéndose polas caras:
ASOREY – SOUPECHE ETERNIZARTE – ABRINDO A PORTA SANTA – DA CATEDRAL DO ARTE
No mencionado bronce figuran as firmas dos autores:
“NAICIÑA INTERPRETADO POR J. CAO”
“J. GIL ARMADA 1965”
“CODINA-MADRID”
Sobre este pedestal alzase a replica en pedra da obra de Asorey na que vemos a unha moza sostendo en brazos a un meniño cunha indumentaria asociada aso campesiñado inda que moi engalanado.
O autor intentar imitar a técnica de Asorey, dándolle un acabado rugoso propio das obras deste mestre.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GALLEGO ESPERANZA, Mª de las Mercedes [1996] “La Escultura Pública en Pontevedra”. Pontevedra: Diputación Provincial de Pontevedra, 1996. ISBN: 84-88363-35-4. Páx. 133-134
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5178246682Lonxitude: -8.81495150954
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84