Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Cantón Pequeno, nº 1-5
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O terreo no que se edificou o banco estaba formado por casas de galerías de tres e catro andares, rompendo esta construcción o aspecto acristalado da arquitectura do Cantón e a altura das súas edificacións.

En maio de 1922 comezan as obras e o edificio inaugúrase no ano 1925. Ten dez plantas e un ático, converténdose, no seu momento, no edificio de formigón armado máis alto da Galiza. Un segundo material que destaca nel é a “pedra artificial”, cun revestimento exterior dunha capa de po de pedra, fixada con cemento. Era un edificio exento que elevaba as súas catro fachadas, máis altas có resto das edificacións e que sería visto desde calquera lugar da Coruña, incluso dende o mar.

A entrada principal para o edificio está no chafrán entre os Cantóns e a rúa de Santa Catalina, onde se sitúa o vestíbulo do Banco seguindo o eixo diagonal da planta. Existe un acceso na fachada do Cantón para as vivendas posteriores. O edificio, interiormente, organízase cunha adecuada fragmentación dos espacios arredor dun patio octogonal, o gran vestíbulo do banco, que articula arredor del unha serie de espacios para as funcións da sede bancaria. As oficinas do Banco ocupaban a planta baixa, entreplanta, primeira e algunhas outras. O resto ocupábano as vivendas (catro por planta).

Destaca a gran cúpula octogonal con vidrieiras, obra da empresa vasca Lerchundi, que iluminaba cenitalmente a zona do público do vestíbulo do banco, similar á usada polos grandes bancos ingleses e madrileños do momento. Reproduce os escudos das principais cidades galegas, unidas por unha dobre grilanda con elementos florais e os símbolos do Comercio, da Industria e do Zodíaco. O banco ampliouse na súa parte baixa posterior con dúas plantas en 1959. A fachada organízase cun esquema tripartito: basa, fuste e coroamento, inspirada na arquitectura americana da Escola de Chicago.

Os vans agrúpanse na parte central da fachada, en series da dúas ou tres ventás de grande altura. Enmárcase mediante pilastras que van desde a primeira planta con grandes balcóns sobre ménsulas ata a sexta planta, cunha organización limitada por un friso. A gran cornixa que remata o edificio apóiase en voluminosas ménsulas, inspirándose directamente na arquitectura bancaria americana e inglesa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Una arquitectura desaparecida, kioskos de refrescos y tinglados de feria de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña”. Boletín académico da E.T.S.A da Coruña, nº 10, A Coruña, 1989.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña”, Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.(Texto íntegro)
-VV.AA.: “El Banco Pastor de La Coruña”. A Coruña, 1994


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3678867902
Lonxitude: -8.40368270874
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84