Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Verín – Barrio de San Lázaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela de planta rectangular sita no núcleo de San Lázaro. Dunha única nave e gorecida por una cuberta a dúas augas sobre molduras laterais. Os seus muros son de cantaría concertada (opus vittatum). Na fachada principal disponse a súa porta de acceso gorecida por un arco de descarga de medio punto con tímpano de madeira. O arco descansa sobre impostas que preceden en altura a pilastras molduradas.

A fachada coróase cunha espadana dun único oco rematada nunha cruz de ferro de Santiago, e nos ángulos por medio de canzorros en forma de rolo con zócalo na base.

A capela aparece documentada no século XVI como do padroado real e tiña anexo a ela un hospital que foi primeiro de peregrinos e logo de lazarinos.

Fronte a esta capela érguese o cruceiro da Piedade (s. XVII) e do outro lado da estrada, facendo esquina está a Casa do Escudo ou do Asistente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VERIN/documents/27751ca004.pdf (P.55)

Capela de S. Lázaro


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9405810668
Lonxitude: -7.44337677956
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84