Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Verín – Barrio de San Lázaro
Outra denominación do ben: Casa do Asistente
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Casa do Asistente en Verín tamén coñecida popularmente como Casa do Escudo, e un dos edificios máis emblemáticos de Verín. Atopase na estrada N-625 que atravesa o centro da vila, xusto enfronte da Capela de San Lázaro. E un pazo do século XVIII, que debe o seu nome de Casa do Escudo polo enorme escudo heráldico de pedra que decora a fachada principal, ou Casa do Asistente, xa que nela viviu o asistente persoal do Conde de Monterrey en 1.731.

O edificio, de planta poligonal e dúas alturas (baixo e andar), presenta cuberta a catro augas. Os seus paramentos foron labrados en cantaría de boa calidade (opus quadratum) abrindo portas no andar inferior (a principal baixo un arco carpanel) e de portas de aire abalconadas no andar superior.

No andar residencial destaca unha peaña granítica (situada nun ángulo da edificación), o chafrán do lado oposto e sobre todo o espectacular escudo nobiliario que identificaba a liñaxe do seu propietario, como o outro escudo pequeno na parede de poñente, que se supón o primeiro con que contou a casona.

O ostentoso brasón que enseñora a fachada data de 1737 e pola súa data e armas (Castro, Santa Cruz, Puga, Salgado e Losada) debeu de pertencer ao mestre de campo, xeneral de artillería e cabaleiro da Orde de Santiago, don Pedro de Castro, natural de Verín. Este escudo é a máis fermosa labra heráldica de cantas existen en toda a comarca, e a súa imaxe identifica a vila, especialmente dende que a casa pasou a ser patrimonio do Concello de Verín, destinado a fins culturais.

Durante anos en maos privadas, a Casa do Asistente foi declarada patrimonio histórico e na década dos 90 do século pasado, foi adquirida polas administracións local e autonómica para convertela en albergue para os peregrinos do Camiño de Santiago, con capacidade para 26 prazas (Verín forma parte do Camiño de Santiago e da Ruta dea Prata), máis dúas salas de exposicións e oficina de información turística.

O escudo ou brasón que loce a fachada desta vivenda ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), o máximo grao de protección legal co que pode contar un ben cultural, por aplicación da disposición adicional segunda da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.taboadasanz.es/images/file/elescudocasaasistenteverin.pdf
http://www.laregion.es/noticia/273599/escudo/transforma/albergue/peregrinos/
http://pantxike.wordpress.com/2013/08/16/verin-2/
087 Casa do Escudo VERIN
Casa do Escudo

http://www.panoramio.com/photo/51227695
http://turismoverin.isum.centromultimedia.net/ilive/srv.fondos.fondos
http://turismoverin.isum.centromultimedia.net/ilive/grp.multimedia.verin360;jsessionid=8992617255B31C5ED928078CC69EFE95

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VERIN/documents/27751ca004.pdf (P.54)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9406668573
Lonxitude: -7.44303882122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84