Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Verín – Barrio de San Lázaro
Outra denominación do ben: Cruceiro da Piedade
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro de San Lázaro, tamén chamado da Piedade, é un cruceiro figurado que se eleva sobre un plinto que serve de base a unha columna abalaustrada labrada en granito, na que está gravada a data 1844, aínda que a parte superior é do século XVII.

O varal que se chanta sobre ela é unha columna de fuste cilíndrico que presenta na súa cimeira un baquetón formando un capitel circular que serve de peaña a unha figura da Virxe co seu fillo morto en brazos.

A cruz latina que enmarca a escena presenta sección cadrada.

Este elemento ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) en aplicación da Disposición Adicional Segunda da Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9405431593
Lonxitude: -7.44327753782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84