Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Montecelo
Outra denominación do ben: Pedra da campana
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Penedo de granito no monte Montecelo, situado no alto dun promontorio de forte pendente por un lado e un chan polo outro por onde hai un camiño de subida ao cumio do Montecelo. No outro lado do camiño en no dito cumio se atoparon os restos dunha construción que identifican coma unha torre.

No penedo, na súa superficie plana e horizontal a ras de chairo, podemos atopar dúas cruces, sobre un circulo ámbalas dúas, de trazo definido e redondeado; un circulo de trazo irregular e unha cazoleta de 10 cm de diámetro.

Rodríguez Fraiz as menciona nun artigo de seu sobre as cruces e cruceiros de Campañó.

Este tipo de labras soen ser habituais no límites entre parroquias.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ FRAIZ, Antonio. “Cruces y cruceros e campañó”. El Museo de Pontevedra, 1961. nº15. ISSN 0210-7791. pp. 22.

LIGAZÓNS WEB:
“Planos Espcíficos de Infraestructuras nas parroquias do Concello de Pontevedra. Mapa de Campañó”. Concello de Pontevedra, maio 2013. [Consulta: 2014-02-04]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4516201398
Lonxitude: -8.66061687469
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84