Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Cambados
Parroquia: Corvillón (San Amedio)
Lugar: Tragove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Muíño de marés construído na boca dun terreo que queda en seca na baixamar, nunha zona comprendida entre as puntas de Tragove e Fefiñans, en Cambados.

Consta dunha presa pechada por un forte muro, realizado en grandes sillares de granito pola parte de do mar, e mixtura de cachotería e sillares pola parte interior. Leva un peitoril pola parte do mar. Nela sitúanse as cinco comportas para permitir o paso da auga á presa ao encher o mar.

No extremo noroeste do muro atópase o edificio do muíño. De planta rectangular e rematado cun tellado a unha auga, está feito en cantería dun chamativo granito vermello, minuciosamente cintado en morteiro. Duas portas de acceso. Unha dende o muro ao segundo andar, e outra dende terra, por medio de escaleira a modo de patín ao terceiro andar. Xanelas de boa canteria en todalas caras.

Na planta baixa atópanse os elementos de rotación do muíño. O primeiro andar está destinada ao tremiñado, espazo onde se leva a cabo a moenda. Está divido en dúas partes, cada unha delas con dous mecanismos de moenda. Neste andar, tamén atopamos uns cortellos polo exterior. O terceiro andar ou faiado, destinada a vivenda temporal.

A presa enchíase na marea alta, e por catro comportas a auga accedía e movía os rodicios situados no xa dito andar baixo.

A construción mandouse facer por encargo do Señor de Fefiñáns no ano 1622 e estivo traballando deica o ano 1970-75 sendo o derradeiro muiñeiro o señor D. Manuel Piñeiro Señoráns.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BAS, Begoña. “Muíños de Marés e de Vento en Galicia” A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. ISBN: 84-87819-13-3. Pax. 34-43.

LIGAZÓNS WEB:
“Muíño da Seca” [En línea] En: Asociación Galega do Patrimonio Industrial, 2009. [consultado en: 2014-02-08]. Disponible en: http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/001

“N.S.P. (1994). Normas Subsidiarias del planeamiento municipal de Cambados. 105” [En liña] Concello de Cambados, 1994. [Consulta: 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMBADOS/documents/0734CA005.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5254750663
Lonxitude: -8.81704363257
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84