Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Padriñán (San Xenxo)
Lugar: Rúa de Madrid
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de plataforma de planta cadrada con tres chanzos, aínda que hoxe están soterrados sendo só un parcialmente visible. Ten un pedestal cúbico de arestas rebaixadas.

O varal é octogonal sendo o comezo de planta cadrada. Na súa base, no anverso, amosa un pequeno peto de animas cunha escena na que se amosa a Cristo na Cruz e a Santa María e San Xoán aos seus pés. Na altura media do varal vénse tres santiños: no anverso, San Xosé coa vara de lirio e o meniño Xesús, na beira dereita a San Antonio Abade co báculo e libro de constitucións, e un terceiro santo sobre unha peaña que non fun quen de recoñecer.

O capitel é composto, con querubíns entre as volutas, e caveira sobre tibias no anverso respectando a disposición tradicional. A cruz ten brazos de arestas rebaixadas excepto nos remates que son de planta cadrada. No anverso atopamos a Cristo pendurado da cruz, coa cabeza que cae cara adiante e ao seu lado dereito. Nunha beira, San Francisco recolle o sangue do costado de Cristo nun Cáliz. No reverso da cruz, vemos a Virxe Santa María na súa advocación do Socorro. É de destacar o traballo de labra no rostro, no que se perfilan rasgos de forma precisa e moi fina. No seu brazo esquerdo sosteñe ano neno Xesús coroado, mentres que na súa man dereita alzada, sosteñe unha vara para espantar ao diaño que fica aos seus pes, mentres un pequeno meniño, trepa pola súa saia, fuxindo espavorecido do diaño.

O diaño non conserva a cabeza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

“Fichas de Catálogo Patrimonio Etnográfico e Arquitectónico: Cruceiros 4” P.X.O.M. 27/02/2003 Concello de Sanxenxo, 2003. [Consulta: 24-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA012.pdf


Onde está localizado

Latitude: 42.4000792361
Lonxitude: -8.80644857883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84