Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardíns de Méndez Núñez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

“A Terraza” era un quiosco para actividades lúdicas situado nos xardíns de Mendez Núñez. En setembro de 1919 decidíuse a súa ampliación substituíndo o edificio primitivo de madeira, do arquitecto Antonio López Hernández e que se trasladou a Sada no ano 1921. Os seus propietarios, os irmáns Feal, tiñan a intención de ampliar o local, e encargaron a reforma ao arquitecto madrileño Antonio de Mesa y Álvarez en 1919, substituíndo o edificio en madeira por unha construcción en cemento armado, con gran número de vans, nos que destaca un corpo central máis elevado, coroado por catro pequenos torreóns con cúpula. Nos lados mantén os pavillóns laterais do proxecto orixinal non levado a cabo. O proxecto definitivo asínao Pedro Mariño Ortega en 1920, reformando o segundo proxecto de Antonio de Mesa.

As obras do actual edificio iniciaranse a principios do ano 1921 rematándose no ano seguinte. O sábado 1 de xullo de 1922 abriríase ó público este fermosísimo palacete. A primitiva “Terraza”, a modernista de madeira e vidros de cores, trasladárase no ano 1921 a Sada, inaugurándose o 29 de xuño do 1923, aínda que con menores dimensións de como estaba nos Xardíns de Méndez Núñez.

O edificio consta dun semisoto, planta baixa, planta principal e áticos con cuberta aterrazada. É un edificio exento de planta rectangular alongada, coa fachada principal ao paseo de Méndez Nuñez. A distribución interior do edificio de recreo foi sometida a necesidades cambiantes: hostalaría, exposicións, concertos…

O arquitecto dálle ó corpo central unha maior altura, maior volume e monumentalidade e decórao con ornamentación de columnas, pilastras de orde dórica e xónica, pináculos, grilandas…, decoración que rompe a tendencia á horizontalidade do edificio e potencia a súas liñas ascendentes.

As bóvedas están cubertas con azulexo vidrado o que contribúe a crear un efecto multicolor nesta arquitectura de recreo.

As dificultades polas que pasou o país, afectou o edificio que caíu nun permanente abandono e foise deteriorando tanto no interior como no exterior. Chegaron a desaparecer case tódolos elementos ornamentais que no seu día decoraron a súa fachada.

No ano 1984, o Concello xunto co Ente Público de Radio Televisión Española, tiveron a idea de salvalo dificio dunha ruína segura. O concello faríase cargo da restauración e RTVE o seu acondicionamento interior.

O 3 de xuño de 1985 o edificio reinauguraríase mais no verán do ano 2000 tívose que facer outra intervención restauradora a cárrego de RTVE polas deficiencias que tiña e consolidalas para chegar a poder ollar a fermosura deste gran edificio.

Hoxe en día segue a ser o Centro Rexional de Radio Nacional de España.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Una arquitectura desaparecida, kioskos de refrescos y tinglados de feria de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña”. Boletín académico da E.T.S.A da Coruña, nº 10, A Coruña, 1989.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña”, Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3676355433
Lonxitude: -8.40215921402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84