Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Avda. Portugal 13 - Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio exento situado no centro da vila que foi construído no ano 1898 utilizando cantaría de moi boa calidade (opus quadratum). Presenta dúas alturas (B+I), e foi deseñado seguindo un patrón neorenacentista (habitual a finais do século XIX) que opta por dispor almofadados nos ángulos da edificación e mais no arranque do corpo central (que sobresae lixeiramente en planta), rematado en altura por un frontón triangular de tímpano liso que conclúe a súa lectura vertical.
Malia o seu contido afán ornamental, este aflora puntualmente no tratamento que sofre o balcón central decorado con canzorros, varanda granítica, arquitrabe coroado por unha palmela engalanada con motivos fitomórficos, no hastial que coroa a edificación sobre todo no enmarque das fiestras e portas daire que se dispoñen no piso superior (pilastras, arquitrabe, etc … ).
Os ocos, que seguen un ritmo regular e equidistante ao longo de todas as súas fachadas, presentan un tratamento diferenciado segundo o andar no que se sitúan: arcos escarzados rebaixados no terreo e alintelados no piso superior.

Antes de converterse en biblioteca, este edificio era o “Colegio de los Hermanos cristianos de La Salle”, polo que na fronte situase un monumento ao fundador das escolas cristiáns, e una especie de monólito cos nomes dos educadores de este colexio en particular.

A planta baixa está dedicada a informática, con unha sala de ordenadores, conexión gratuíta a internet e wifi. Na planta superior encontrase a sala de lectura e préstamo de libros ou vídeos, unha aula de estudio e unha sala infantil ou “bebeteca”, onde se organizan actividades lúdicas para nenos.

No lado esquerdo ten anexo un Centro de Interpretación Museística de Verín ademais da Casa da Xuventude.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VERIN/documents/27751ca003.pdf (P.22)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9391585233
Lonxitude: -7.43753492832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84