Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Praza do concello - Avda. Portugal 15 - Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio exento situado no centro da vila, que foi construído a mediados do século pasado utilizando cantaría de moi boa calidade (opus quadratum). O inmoble orixinal contaba con tres alturas (B+II) e foi deseñado seguindo un patrón moi frecuente na Galicia do s. XX, que opta por dispor pilastras nos ángulos da edificación e mais no enmarque do corpo central (que non sobresae en planta, rematado en altura por un frontón semicircular partido de tímpano liso (o seu centro acolle o escudo municipal) que incluía a súa lectura vertical.
Malia o seu contido afán ornamental. este aflora puntualmente no tratamento que reciben os balcóns do corpo central (dotados de solaina granítica e varanda de fundición), no hastial que coroa a edificación e, sobre todo, no enmarque acobadado das fiestras e portas daire que se dispoñen no piso superior (pilastras, arquitrabe, etc.,,).
Os ocos (portas daire no andar primeiro e no eixe da composición e fiestras no resto), seguen un ritmo regular e equidistante ao largo de todas as súas fachadas.
O paramento alterna o granito visto con entrepanos enfoscados e pintados en branco. A primeira das opcións ensáiase no hastial, no corpo central e na planta terrea, lugar no que se abre un soportal conformado por tres arcadas que acolle a porta de acceso principal.
Fai uns anos o edificio foi integramente remodelado, o que deu lugar á súa ampliación en altura, ganando dous novos pisos. Deste momento deriva o frontón triangular acristalado que coroa o eixe do inmoble, concluíndo a súa lectura vertical con unha cuberta a catro augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VERIN/documents/27751ca003.pdf (P.23)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9384242949
Lonxitude: -7.43721842766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84