Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardíns de Méndez Núñez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A principios do século XX a parte sur do paseo de Méndez Núñez tiña varios hoteis e cafés de luxo. Co tempo converteuse nunha das zonas que sufriu unha gran transformación urbana nas súas construccións do ocio: Os Quioscos. Estos eran edificios de hostelería que servían café e xeados os de máis categoría; os de menor categoría ou “augaduchos” servían augardente e gasosas.
Será no Quiosco Alfonso no que se instalen, igual que na “Terraza”, cristais policromados a ámbolos lados, para acoller ós clientes no inverno, sendo substituídos por unhas construccións máis sólidas que darán lugar á planta baixa do actual Quiosco.
O proxecto de reforma dos kioscos números 4, 5 e 6 foi presentado o Concello polos seus propietarios Alfonso Vázquez Martínez e Dolores Leiras Ramadas o 22 de novembro de 1912. Asinou os planos da nova obra o arquitecto Rafael González Villar quen deseñou unha robusta e ordeada edificación rectangular alongada, de cemento armado e cristal de 46 metros de fachada por 5,50 de profundidade, reformando os quioscos de refrescos existentes que estaban construídos de madeira.
Este edificio modernista e orixinal cunha orixinal ornamentación de fundición da casa Wonemburger, constaba de dous corpos con acceso á planta principal mediante escaleiras exteriores, situadas nos lados menores do edificio.
As típicas características de González Villar, de engadir á cornixa do edificio firmes elementos ornamentais, un recurso hábil que rachaba a excesiva monotonía horizontal da obra. En agosto de 1913 inauguraríase o moderno edificio, instalando os vellos tinglados 4,5 e 6 no barrio dos Castros. O edificio sufriu varias transformacións, así no ano 1926 o mesmo arquitecto transforma este pavillón ampliando significativamente o edificio, ata chegar os 56 metros de fachada sendo no ano 1984, a última reforma que levou para pasar así a ser un edificio para exposicións artísticas, informativas, fotográficas, de deseño industrial e gráfico, arquitectónicas, holográficas, etc. así como conferencias, mesas redondas e edicións de catálogos.
A súa titularidade é do Concello, máis en concreto do Servizo Municipal de Cultura.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Una arquitectura desaparecida, kioskos de refrescos y tinglados de feria de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña”. Boletín académico da E.T.S.A da Coruña, nº 10, A Coruña, 1989.
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña”, Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1149055940406&itemTemplate=Portal-Entidad-Detalle&c=Page&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&itemType=Entidad&cid=1134487388083


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3679223254
Lonxitude: -8.40151548386
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84