Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Verín
Parroquia: Verín (Santa María a Maior)
Lugar: Avda. Portugal 19 - Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio exento de planta poligonal situado no centro da vila, que foi construído a mediados do século XX, utilizando cantaría de boa calidade (opus quadratum). O corpo central do inmoble conta con tres alturas (B+II), se ben o seu deseño xeral presenta unha serie de saíntes en forma de chanzos, o mais elevado en forma de torreón, que ten cuberta a catro augas en tella curva, as outras alturas tena a tres augas.
O edificio foi deseñado seguindo un patrón estilístico neobarroco popular que ten como referencia básica, non a arquitectura pacega autóctona, senón a do norte peninsular.
Malia o seu modesto afán ornamental, este aflora puntualmente no tratamento que reciben o balcón voado que cobre o asoportalado inferior, a varanda granítica que a protexe, os pináculos que rematan en altura os eixes verticais da edificación e por último os canzorros saíntes de madeira que sustentan o aleiro da cuberta.
Este inmoble do Ministerio do Interior, loce na fachada principal un escudo preconstitucional.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VERIN/documents/27751ca003.pdf (P.24)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9380452062Lonxitude: -7.43789970875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84