Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Corcubión
Parroquia: San Pedro de Redonda
Lugar: San pedro de Redonda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A única parroquia do concello, aparte da que constitúe a capital municipal, é Redonda, que se reparte en varias aldeas pola península de Quenxe. A igrexa parroquial de San Pedro é orixinalmente románica, pero tamén sufreu grandes reformas, sendo a última nos anos 1991 e 1992 restaurando a igrexa e o adro no que tan só quedan daquel estilo o arco triunfal e a ábsida de base rectangular. No testeiro ábrese a típica ventá románica. Tamén consérvanse alguns canzorriños primitivos sostendo o aleiro do tellado. O edificio é de reducidas dimensións con nave e capelas únicas, ambas de planta rectangular. Está cuberta a dúas augas con tellado de tella.
A decoración exterior contén motivos vexetais, destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz.
A decoración interior contén retablos con imaxes como a de San Pedro, unha pequeña talla gótica duns 40 cms, a da Virxe das Mercedes, a da Virxe do Carme, unha talla de San Xoán Bautista e a da Virxe do Rosario.
O campo onde se atopa a igrexa está nun lugar moi fermoso e contén ademáis da igrexa, un camposanto e un cruceiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.92331881822878Lonxitude: -9.202243387699127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84