Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mos
Parroquia: Louredo (San Salvador)
Lugar: O Pombal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa de época románica, construída cara a mediados do século XII e retocada no século XIII, sufriu importantes cambios cara a finais do XVIII con motivo da contrución da torre e da fachada principal. Da primitiva época románica destacan os canzorros que anteceden o aleiro e a cornixa, e a decoración de círculos con flores hexapétalas e cruces no beirado. O muro norte tamén conserva unha porta que aínda que perdeu as súas arquivoltas e columnas, presenta un tímpano decorado e rodeado por unha chambrana con billetes que se apoia directamente sobre as xambas coma se fose o seu lintel.
A fachada principal, foi mandada construír polo párroco D. Francisco Castiñeiras no ano 1780 segundo consta na inscrición que está sobre a porta que di o seguinte:
“ESTA OBRA HIZO A SU COSTA
DON FRANCISCO CASTIÑEIRA.AÑO DE 1780”.
Posúe unha porta con moldura de orelleiras tanto na base coma na parte superior e unha similar no centro do lintel.
A fornela central , de arco de medio punto, posúe unha imaxe do patrón. Por riba dela hai un ocelo de derrame exterior e moldurado de modo similar. Remátase cunha cornixa corrida de cuarto de bocel, seguindo a liña da torre con pináculos extremos. No centro está o remate barroco con dúas volutas inversas que o cerran exteriormente e cun pequeño óculo superior. As inferiores sosteñen pináculos e as superiores a cornixa onde asenta a cruz de remate e a cada lado outro pináculo.
A torre, construída no 1722, é de base cadrada. O corpo de campás está aberto aos catro ventos con arcos de medio punto. Cérrase cunha cornixa superior que sostén un tambor cilíndrico e unha semiesfera rematada nun pináculo que fai de base para unha cruz metálica. En cada extremo da cornixa ten o seu pináculo.

No interior, xunto á porta lateral atópase unha inscrición da que non se coñece o seu significado. Tamén no exterior polo lado sur hai un sillar con outra inscrición tapada por unha lousa sepulcral. Na parte descuberta pódese ler: “ERA: M”
O interior tamén acolle un escudo de armas que fai referencia á liñaxe dos Lanzos e Taboada, así como un sepulcro situado na Capela Maior.

O 10 de marzo de 1996 a igrexa sufríu un incendio que destruíu completamente o teito da nave central. Ao ano seguinte levouse a cabo a súa rehabilitación.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior conserva diferentes elementos de época barroca, como unhas columnas salomónicas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha A_002)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MOS/documents/0836CA001.pdf (Páxina 2)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/louredo.pdf

BIBLIOGRAFÍA
Torrado Gándara, Lorena (2016). “El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas”. Tese de doutorado USC. (en liña)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2187926823
Lonxitude: -8.59592199326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84