Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Virxe do Camiño
Lugar: Eduardo Pondal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro no camiño portugués no centro da cidade de Pontevedra nunha zona de recente urbanización.
Consta dunha plataforma dun chanzo, pedestal de arestas desgatadas sobre o que se ergue un varal cilíndrico cun cravo metálico na súa altura media. O capitel mostra un anel octogonal, sobre el, un motivo vexetal entrelazado rematado nun ábaco cadrado. Reforzando a unión do capitel coa cruz, hai unha cinta metálica.
A cruz e latína cunha moldura en cuarto de bocel nas arestas e brazos rematados en flor de nove pétalos, características das cruces góticas. No anverso, un pequeno Cristo de tres cravos, con longa cabeleira que cae sobre a súa espalda, cabeza sen coroa de espiña, lixeiramente ladeada cara a súa dereita, pano de pureza curto amarrado na súa beira dereita. Pé dereito cravado sobre o seu pe esquerdo directamente sobre a cruz.
No anverso, unha imaxe da Virxe sobre unha peaña decorada con semiesferas. Os brazos van cruzados sobre o peito e un amplo manto que a cubre e se recolle sobre o seu regazo.
O cruceiro estaba situado no adro da desaparecida capela da Nª Sª do Camiño onde se celebrava tradicionalmente unha feria de gandería. A capela orixinal era do século XIII, pero debido ao mal estado realízanse obras de restauración da capela en 1594 encargadas ao Maestro Mateo López, pero que remata Domingo García. No século XIX a capela foi derrubada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade e do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf
FORTES BOUZÁN, Xosé. “Historia de la Ciudad de Pontevedra”. A Coruña: Galicia Editorial S.A. Gaesa, 1993. ISBN: 84-88254-20-2. Páx. 139. y 355.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.427368779Lonxitude: -8.63989949226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 21, 2019
A prensa dixital do 19 de xaneiro de 2019 recolle a nova da restauración e nova ubicación deste cruceiro:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/virxe-do-camino-recupera-cruceiro-despues-proceso-restauracion/201901191824431018555.html
https://pontevedraviva.com/xeral/51689/nova-praza-virxedocamino-cruceiro-eduardo-pondal/
https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2019/01/19/virxe-do-camino-recibe-cruceiro/2035798.html