Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Merca
Parroquia: Corvillón (Santa María)
Lugar: Corvillón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial do século XVIII de planta rectangular, os muros son de sillaría, na fachada principal existe unha porta con arco de medio punto que se adianta ao resto e que remata nunha torre campanario con sección cadrada, de dous corpos, na cima do primeiro gran balconada de pedra decorada con bolas nas catro esquinas, está aberta polo norte por medio de unha escaleira de acceso.
No segundo corpo catro arcos, nos que vemos dúas campás, e sobre estes cúpula cuadrangular rematada en cruz de pedra.
O presbiterio é un pouco máis elevado, e ten a cuberta a catro augas e remates en pináculos nas catro esquinas. A cuberta na nave e a dúas augas, tendo dous grandes pináculos nas esquinas da fachada principal.
Polo lado sur pequena porta alintelada e varias ventás rectangulares, na fachada principal ten catro ventas cadradas con reixas de ferro.
Polo lado norte ten anexada a sancristía con cuberta a tres augas.

Está rodeada polo camposanto, que ten un peche de pedra a media altura e reixa de ferro, tendo cancela de ferro na entrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMERCA/documents/0452CA003.pdf (P.1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1759175476
Lonxitude: -7.85823404789
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84