Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Entrimo
Parroquia: Venceáns (San Tomé)
Lugar: Queguas
Outra denominación do ben: Anta Cova da Moura
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Os restos arqueolóxicos da casa da Moura constitúen un dos dólmenes máis espectaculares de Galicia, tanto polas súas dimensións como polo seu bo estado de conservación. Ten unha cámara poligonal de seis laxes e un corredor cunha lonxitude de 4 metros, e unha altura de 2. Atópase máis arriba da zoa coñecida como “As cortes da carballeira”, no planalto da serra de Queguas.
As cortes da carballeira eran cabanas dos pastores, que se usaban na primavera e no verán, cando se subía o gando ata os pastos máis altos. Estas construcións dunha planta compartían o espazo do gando e dos pastores separados por unhas táboas.
Forma parte dunha ruta de sendeirismo que contribúe ao su bo estado.

http://www.turismourense.com/index.php?sec=que_hacer&ap=prg27


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen usoEquipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA32030001
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Dólmenes de Galicia – Ramón Boga Moscoso – Edicións Baía ISBN: 84-89803-13-7


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9907049506
Lonxitude: -8.11882138252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84