
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Maceda
Parroquia: Maceda (San Pedro)
Lugar: Outeiro da Torre
Outra denominación do ben: Capela dos Dolores
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A ermida dos Dolores ou de Don Franque que se conserva actualmente data do século XIX e consta dunha planta rectangular con cuberta a tres augas, ten muros de sillaría e a fachada con porta alintelada e cornixas curvas cóncavas, destaca a espadana de dous corpos: o inferior, de arcos xemelgos e o superior, con remate de cruz de pedra. O seu estado de conservación é satisfactorio.
Rodeada por un muro de mediana altura en pedra, aberto polo lado de nacente para a súa entrada.
Ao seu carón ten unha area recreativa, con mesas de pedra e zonas gorecidas con cubertas de tellas.
Ó igual que o resto de Galicia, Maceda foi tamén lugar de eremitas, en concreto, e segundo algúns historiadores a ermida situada en Outeiro da Torre, a Ermida de Donfranque.
Estes historiadores supoñen que Donfranque foi unha das fundacións do Santo Abade epónimo nos Estados ó Feudo da familia de San Rosendo. No ano 1649 ordena Doña Aldonza de Noboa e Lemos, Sra. de Maceda, que se restaure a casa que está xunto a ermida e que se poña nela cama para os pobres que veñan a facer novenas. Romaría domingo, despois do 8 de setembro. O investigador Elixio Rivas di que Donfranque foi quizás priorado beneditino de San Esteban de Ribas de Sil, xa que en 1213 o Rei Alfonso IX o confirmarse este nas súas herdades alude a “…de Santa María de Donfranque”.
Ainda no ano 1640, nun codicilo de Dona Aldonza de Nóvoa e Lemos, señora de Maceda e vizcondesa de Laiosa, esta manda que se repare unha casa à beira da capela de don Franco (por Franque), e que nela se puxese unha cama onde acoller a pobres que veñan alí andar novenas (Bol.Aur., VI, 215). Os maiores lémbranse de algunha dependenza proxima a capela.
En “Memorias y Cartas de Censo” (Arq.. S.Pº, Maceda), no ano 1645, dise: “mi Sra.Dña. Aldonza de Nóboa y Lemos, señora desta fortaleza le dotó y más a la capilla de Ntra. Sra. de Don Franque. Yo Antonio de Nóboa, abad de dicho beneficio”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA007.pdf (P.7)
http://www.concellodemaceda.com/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2726170999Lonxitude: -7.67587602139
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84