Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Seteventos (Santa María)
Lugar: Seteventos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

O Templo actual data de finais do século XII, aínda que tiña que existir unha igrexa anterior, pois así figura dunha doazón o mosteiro de Diomondi que data do ano 976. Trátase dun pequeno templo románico con moitos engadidos posteriores. A nave e a ábsida son rectangulares e arquitectonicamente pouco salientables. A porta principal conserva un arco abucinado con tres arquivoltas: a ornamentación é parca e elaborada a base de rosáceas, piñas e figuras fusiformes; as columnas de fuste liso rematan en capiteis de figuras en entrelazos. O tímpano é liso. No interior destacan de xeito sobranceiro as pinturas murais situadas no arco triunfal e o muro colindante. Trátase dun fresco gótico que representa o Xuizo Final.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Retablo barroco tallado e pintado en 1745. Pía bautismal tallada en granito na época de construción do templo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Delgado, Xaime. “O Románico da provincia de Lugo”. Tomo V, 1963. “As pinturas de Seteventos”.
Diéguez, Lois. Artigo para o libro “Circular polo Saviñao II”, 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Igrexa parroquial en uso. Permanece pechada cando non se ofician actos litúrxicos. A chave gárdaa unha veciña, pero raramente abre o templo a descoñecidos.
O templo atópase moi preto do camposanto, superpoboado de enterramentos que invaden o atrio avanzan sobre a propia fábrica.


Onde está localizado

Latitude: 42.5925068275
Lonxitude: -7.61945843697
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84