Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Bembrive (Santiago)
Lugar: O Cacheno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do século XVIII, que nace sobre tres chanzos de forma cadrada. A súa base é cúbica coa metade inferior cadrada e a superior nacelada, na que podemos ver unha inscrición grabada ao redor da mesma na que aparece o ano e a persoa que o mandou facer:

“MANDO FAZ
ER FRco ANo
FRs PATIÑO
AÑO D 1782

O varal é liso e ten forma circular. Posúe unha ornamentación dunha serpe entrelazada que o recorre na súatotalidade. A súa cabeza leva posiblemente unha mazá da tentación u outro obxecto de difícil precisión. A cola acaba en tres puntas, simulando una pata de galiña.
O capitel é de tipo xónico, no que se combinan motivos florais e volutas. Nos esquinais da mesma aparecen os símbolos da paixón de Cristo: Coroa de espiñas baixo a figura da Virxe; caveira e ósos cruzados baixo a figura de Xesús; esqueira e tenaces nun lateral; martelo e cravos no outro lateral.
A cruz é de tipo latina no que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Piedade cun gran manto e co corpo de Cristo xacente sobre o seu colo no reverso. Aos pés desta figura observamos unha cabeza dun querubín alado.

O cruceiro foi restaurado no ano 1995 polo Concello de Vigo.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Atopándose en América o fillo desta parroquia D. Francisco Fern. Patiño, foi acometido por unha serpe da que se librou entreténdoa habilmente con una manzana, nese momento impulsado polas súas crenzas relixionas, fiso voto de erguer aquí un cruceiro. De regreso na súa Patria cumpríu a promesa mandando esculpir no monumento unha representación do ofidio que lle atacou e da froita con que se defendeu”. Lenda recollida en 1949 por Espinosa Rodriguez,  cronista oficial de Vigo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.03.001 – páxina 76)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605705.html
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/07/el-interesante-crucero-de-cacheno-en.html
http://xosecounhago.com/?p=9
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/cacheno/

BIBLIOGRAFÍA
RRDRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
BLANCO AREÁN, Ramón (1978). VIGO, el Fragoso y el Miñor.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2063348221
Lonxitude: -8.69836963713
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84