Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Beade (Santo Estevo)
Lugar: As Coutadas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de Beade, de época barroca, está construída a base de perpiaño. Posúe planta rectangular, con teitume a dúas augas con tella do país. Destaca principalmente pola súa fachada principal en tres corpos, e dous laterais flanqueados por pilastras rematadas en pináculos. A porta principal presenta sobre ela un arco rebaixado cunha rocalla tallada enriba. Na parte superior aparece o fornelo decorado con volutas verticais de sección plana e enmarcado por pilastras en forma de columna e no que vemos a imaxe do patrón.
A torre campanario aparece no centro da fachada, con balaustrada e con arcos de medio punto. Remátase en cúpula poligonal nervada,sobre tambor.
As campás son catro e nelas pódense ler as seguintes inscricións:
– GRANDE: “BEADE-JHS MARIAJOSE-AÑO 1983 SE FUNDIO CON LA COOPERACIÓN DE LOS VECINOS SIENDO ECONOMO D. JESUS MONTERO BARRERA. Campana Quinta. España. Saldaña. Valencia”
– MEDIANA 1: “JHS MARIA Y JOSE SIENDO ABAD DON JUAN GARRIDO MARTINEZ EN EL AÑO DE 1913”
– MEDIANA 2: “JHS MARIA Y JOSE ME IZO FERNANDEZ PELLON AÑO DE 1864”
– PEQUEÑA: “JHS MARIA Y JOSE. AÑO DE 1942. Fabricada por Ocampo en Arcos de la Condesa”

O espazo interior organízase nunha nave de parámetros enfoscados e encalados, cuberta por bóvedas de crucería. Accédese ao presbiterio a través dun arco apuntado. O testeiro está adornado cun retábulo de estilo rococó.

O adro está fechado por un muro no que podemos ver diferentes cruces.

Nesta igrexa traballou no ano 1789 o mestre canteiro de Pazos de Reis (Tui), Juan Francisco de Novás y Gayoso


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.02.001 – páxina 33)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca017.pdf (Páxina 8)
http://xosecounhago.com/?p=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.192217624
Lonxitude: -8.70665565133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84