Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Beade (Santo Estevo)
Lugar: As Coutadas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dosu chanzos cadrados. O seu varal é octogonal, aínda que na parte inferior posúe unha parte cúbica, e presenta símbolo da Paixón gravados. Nunha das caras desta parte cúbica aparece a seguinte inscrición:
“SE / TRASLA / DO AQUI / A 1850″.
O capitel ten catro caras con cabezas de anxelotes con ás despregadas.
A súa cruz, lisa e de sección octogonal, posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade co seu neno nos brazos no reverso.

Na actualidade atópase no adro da igrexa, pero antigamente estaba empotrado nun muro que pecha o patio dunha casa fronte a entrada ao adro.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca017.pdf (Páxina 8)
http://xosecounhago.com/?p=5

BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1922557344
Lonxitude: -8.70655055875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84