
Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Noia
Parroquia: Santa Mariña do Obre
Lugar: Chainza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Noia chegou a ter 30 fábricas de curtidos con un importante gremio de zapateiros e albardeiros. As ruinas no barrio da Chaínza, da antiga Fábrica de Curtidos dos Cadarso, fundada no 1700, é unha testemuña en pé daquela época dourada que hoxe fica esquecida. As cubas e canles de agua e residuos dos curtidos, chimeneas, maquinaria, ruinas de almacéns e outras dependencias son o testigo dunha rematada industrialización . A intervención sobre o complexo persegue recuperar as antigas edificacións tanto de vivenda como de actividades industriais, así como os espazos exteriores, para unha fin museística e cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://cenlitrosmetrocadrado.com/2011/01/fabricas-da-chaynca/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
En estes momentos atópase na primeira fase dos traballos de recuperación para facer un centro de actividades culturais.
Onde está localizado
Latitude: 42.77962184623363Lonxitude: -8.894054889678955
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Set 15, 2011
Atopei noticias antigas (2009) en prensa de que o concello de Noia ía mercar as ruiñas deste edificio para transformalo en centro cultural (a diputación aportaba 210.000 euros para a compra; xa se fixo a rehabilitación?
adela suma says:
Set 15, 2011
Consultado o catálogo, parece que a fábrica non está incluida.
Oscar Franco says:
Mar 27, 2023
O concello de Noia converterá o complexo da fábrica de Cadarso en centro de día, albergue e centro de interpretación da industria dos curtidos. Así o recolle a prensa dixital do 23 de marzo de 2023:
https://www.elcorreogallego.es/concellos/2023/03/23/noia-reconvertira-centro-dia-unidad-85033616.html
https://obarbanza.gal/2023/03/noia-convertera-o-complexo-da-fabrica-de-cadarso-en-centro-de-dia-albergue-e-centro-de-interpretacion-da-industria-dos-curtidos/