Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Porriño
Parroquia: O Porriño (Santa María)
Lugar: Rúa Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de pedra sen policromar, baixo un amplo baldaquino de recente factura sostido por catro columnas metálicas que sosteñen un tellado a catro augas, todo en ferro forxado. O cruceiro érguese sobre unha base cubiforme de granito, cos bordes superiores achancados, sobre o cal se encrava o varal de sección octogonal cun capitel xeométrico. A cruz, ampla e de brazos rectangulares, presenta as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI. É unha imaxe labrada nun bloque moi ancho, elipsoidal, de tal maneira que sobresae moito cara os lados, ergueita a partir dun pedestal con cabeza antropomorfa no seu centro. A outra imaxe é María, que observa o seu fillo morto con vivida expresión de sufrimento, vestindo manto e túnica.

Este cruceiro foi construído, segundo reza a tradición, no ano 1810 por parte dos veciños do barrio en conmemoración do fin da Guerra de Independencia na vila. No ano 1809, cando os veciños atacan o cuartel xeral dos franceses nas Salgueiras, estes foxen polo camiño a Ponteareas deixando atrás varias obras de arte, entre elas o máis tarde coñecido coma o Santo Cristo dos Aflixidos. En conmemoración destes feitos os veciños subvencionan a construcción deste elemento. No lugar celebrábase o primeiro domingo de maio a “Festa dos Cachos”, en referencia á tradicional degustación de centolas que alí se realizaba.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OPORRINO/documents/0898CA008.pdf (Ficha 54 – Páxina 9)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603904.html
https://www.barriosdeorixe.com/cristo-dos-cachos

BIBLIOGRAFÍA
PÉREZ REGO, David e ALONSO CARRERA, Paula. (2006). CATÁLOGO DE CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DO PORRIÑO. XUNTA DE GALICIA (Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural).
PÉREZ LABACA, Xoán Xosé. (2010). CRUCEIROS BAIXO BALDAQUINOS DOS VALES DA LOURIÑA E DO TEA. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.158880578
Lonxitude: -8.61850887537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84