
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Porriño
Parroquia: O Porriño (Santa María)
Lugar: Praza do Cristo
Outra denominación do ben: Capela do Cristo
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Templo de pequenas dimensións, cunha única nave de planta de cruz latina. Na fachada destacan varios elementos como a porta principal, de arco trilobulado enmarcada por pilastras acanaladas de fuste exento. Por riba dela aparece un elemento decorativo na súa clave, apoiado sobre pilastras lisas con capitel. A porta de entrada queda acubillada en conxunto por dúas esveltas columnas estriadas sobre plintos, con capiteis corintios que soportan un entablamento clásico composto por molduras cóncavas e convexas.
Sobre o entablamento atopámonos unha placa granítica rematada en volutas, sobre a que se apoia unha placa presidida por un óculo trebolado.
Sobre a liña de cornixamento encontrámonos cunhas formas que, partindo dos floreiros escultóricos dos ángulos, estructúranse recordando ós aletóns clásicos: así os bordes remátanse nunha forma redondeada a modo de voluta. Destácase a parte central, pola súa morfoloxía, decoración e cromatismo, de tal maneira que se crea un eixo verticalizante dende a porta ata o remate do campanario.
No centro aparece a torre campanario dun só corpo moi estilizado e horadado por arcos apuntados, que se remata por medio dunha bovedilla da que sae un elemento vertical.
Os muros laterais posúen ventás oxivais.
A construción desta igrexa débese a D. Servando Ramilo Nieves, filántropo e veciño porriñés, que doa o terreo necesario para a súa construción e para a construción do Parque do Cristo, facéndose cargo ademais dos custes das obras do recinto relixioso, da arboreda, dos bancos, do quiosco de música e da imaxe do Cristo que se garda no interior da igrexa. En outubro de 1898 inícianse as obras da capela baixo a dirección do mestre canteiro Sr. Martínez, dándose estas por rematadas en 1899 e inaugurándose o templo o 17 de setembro do mesmo ano.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O 17 de marzo de 2020 un guindastre cae enriba da capela derrubando boa parte da mesma.
O 12 de outubro de 2022 a prensa dixital anuncia a concesión de licencia de obra por parte do Concello de O Porriño para comezar a reparación da caída do guindastre.
(ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OPORRINO/documents/0898CA005.pdf (Ficha 10 – Páxina 10)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/porrino.pdf
https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/03/17/cae-grua-parque-do-cristo/2264023.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/o-porrino/2020/03/17/grua-deploma-centro-porrino-sobre-capillla-cristo/00031584444223664657314.htm?
fbclid=IwAR1ZZ1mpLWwsedW51o4UDKlr8YBZhqGdWQdKChASnWxHUuq6k0E_QUxTpC0
https://www.atlantico.net/articulo/condado-lourina/cae-grua-capilla-cristo-porrino/20200317115938764183.html?fbclid=IwAR2JQKtJabO1KviKEpNOAwE8Yw2aXIp8mU2pRi4WRjmJ0i-mh06IYObcvtw
As obras de restauración da capela do Cristo comezarán antes de seis meses
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2022/10/12/porrino-concede-licencia-obra-iniciar-77147398.html
https://telemarinas.com/las-obras-de-restauracion-de-a-capela-do-cristo-comenzaran-antes-de-seis-meses/
Luz verde a la restauración de la capilla del Cristo de O Porriño, que arrancará antes de seis meses
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1625941863Lonxitude: -8.62056076527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 7, 2023
A prensa dixital do 7 de febreiro de 2023 recolle a denuncia feita pola Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) polo uso de auga a presión nesta capela:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/o-porrino/2023/02/07/denuncian-agresion-sufre-capilla-cristo-porrino-limpiarla-agua-presion/00031675772600056987131.htm#:~:text=La%20Asociaci%C3%B3n%20para%20a%20Defensa,chorros%20de%20agua%20a%20presi%C3%B3n.