Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardíns de Méndez Núñez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

En xuño de 1908 constitúese unha Comisión formada polo Concello, Academia, Asociación de Prensa e Academia de Belas Artes para erixir un monumento ó poeta no ano 1934, como resultado dun concurso que gaña o escultor Francisco Asorey.
Trátase dun conxunto arquitectónico feito en pedra de granito que representa unha homenaxe ó pobo traballador galego. O monumento foi realizado coa forma da quilla dun barco na cal, na parte máis avanzada está a figura de Curros Enríquez, adousada á parte principal da obra pola espalda. A figura do escritor preséntasenos de pé, vestido cunha capa coas mans cruzadas á altura das muñecas e apoiadas sobre uns manuscritos e unha lira. Nos laterais, hai talladas en altorrelevo, figuras de mulleres e homes portando as roupaxes e utensilios típicos do campo e do mar. Aos traballadores homes, acompáñalles unha vaca ou touro, pero ás mulleres faino un neno e un cabalo. En canto á súa contribución á cultura galega, está simbolizada tamén por dous dolmens.
Será o alcalde da Coruña, Suárez Ferrín quen inaugura o monumento ó poeta nos xardíns de Méndez Núñez no ano 1934.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”. Vol.VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.edu.coruna.es/es/recursos/monograficos/cincuentenario_del_centro_de_ensenanza_curros_enriquez_un_nombre_en_nuestra_ciudad/curros_enriquez_y_su_relacion_con_la_ciudad_de_a_coruna
http://www.coruna.es/servlet/Satellite?idioma=es&itemID=1149055915904&itemTemplate=Portal-Entidad-Detalle&c=Page&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&itemType=Entidad&cid=1134487388083


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3686627133
Lonxitude: -8.40068534017
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84