
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Lalín
Parroquia: Zobra
Lugar: Porto Martín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:
Posible estrutura defensiva entre os ríos Deza e Chedas, no Candán. Consta dunha pequena estrutura habitacional derrubada entre a que se poden atopar anacos de tella do país. É posible que o espolón estea separado da ladeira por un foxo artificial, pero debido ás crecidas do río foi imposible cruzar ata aló para comprobalo. Só se realizou unha inspección visual ao sitio arqueolóxico desde a outra banda da ladeira, así que a súa función defensiva é aínda hipotética. A estrutura obsérvase na ortofoto do 56 e hai varios relatos de mouros asociados ao lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5956098399Lonxitude: -8.21772515774
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
José Ramón says:
Xul 14, 2017
Atópase no lugar de Moa, Parroquia de Vilatuxe, posiblemente forme parte dunha estructura defensiva dun poboado antigo ubicado a uns metros e totalmente cuberto por vexetación