Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Dumbría
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Camiño Real
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
O petróglifo de Pedra Ancha presenta motivos de armas (alabardas, puñais…) e moi posiblemente imaxes de carros de labranza ou pra guerra, aínda que algúns arqueólogos ollan escudos ou máscaras, sendo esta unha das estacións representativas das rochas-panoplia da nosa comunidade autónoma.O conxunto de Pedra Ancha está ó borde do Camiño Real que dende Santiago dirixíase a Fisterra a uns 350 metros da fábrica de ferroatlántica. Existen outras representacións de armas na provincia, como as localizadas nos últimos anos en Carnota, Porto do Son ou Teo, pero coa excepción do conxunto de O Castriño de Conxo (Santiago) as chamadas rochas-panoplia, aquelas que parecen facer unha exhibición dun catálogo de armas diversas, apenas aparecen fóra da provincia de Pontevedra.
Trátase, ademais dunha estación de fácil localización e acceso. Nembergantes, nos últimos anos sufríu unha serie de accións que dificultan o seu disfrute. No invierno de 2001-2002, sufríu unha agresión similar a deste verao de 2011 coa inscripción medieval de Penafiel, na que algún anormal pintouna con pintura. Agora nas inmediacións da rocha está crecendo un bosque de eucaliptos que dificulta o visionado dos motivos, eso por unha parte e outra quizais pola limpeza que tivo que levar a causa desa agresión do 2001. A fotografía é de fai uns anos mais eu estiven o 10 de setembro de 2011 e o motivo xa non se ve tan claro como fai anos. É unha lástima, xa que se trata dun conxunto excepcional e sendo un dos elementos patrimoniais máis importantes do Concello de Dumbría.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-Atlas arqueolóxico de Galicia. Comarca de Fisterra. Xunta de Galicia, 2009.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2011/11/los-carros-de-guerra-en-los-petroglifos_15.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Co paso dos anos degradouse bastante, Fai uns anos percebíase moito mellor. Pide a gritos unha xestión intelixente pra poder disfrutalo mellor.
Onde está localizado
Latitude: 42.9844718002Lonxitude: -9.09738913178
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
cirroestrato says:
Dec 5, 2012
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2011/11/los-carros-de-guerra-en-los-petroglifos_15.html
Xose Troiano says:
Dec 5, 2012
Gracias pola información. Moi interesante. Como digo eu, Fai falta sempre que outra persoa nos ensine a ver doutra forma diferente, pra ve-lo doutro xeito ou de forma axeitada.
Un saúdo, Xose.
Leo DUBAL says:
Ago 1, 2013
Dear Xose,
At what date and time did you take this fine picture of the pedra ancha ?
Leo
Xose Troiano says:
Ago 6, 2013
Dear Leo,
I remember it was August late in the afternoon.
Xosé.
Dubal says:
Ago 28, 2014
Dear Xose,
gracias for updating the precision of the date…setting sun at automn equinox,excellent….
Look at my review paper for uispp 2014 in Burgos,
http://www.archaeometry.org/h.htm
best regards
Leo
Lansbricae says:
Nov 22, 2015
Artigo de Vázquez Varela: https://dspace.usc.es/bitstream/10347/4538/1/pg_015-020_semata19.pdf
elixiovieites says:
Dec 27, 2015
Colectivo A Rula. Artigo sobre Pedra Ancha https://colectivoarula.wordpress.com/2015/12/26/a-pedra-ancha-do-camino-de-fisterra/