Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ramirás
Parroquia: Paizás (San Salvador)
Lugar: A Contada - Paizás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A igrexa parroquial de Paizás é dunha soa nave, de planta rectangular, con contrafortes angulares na gran capela maior, con cuberta de madeira a dos augas. Excepto o presbiterio que a ten a catro de tella plana, tendo pináculos nas catro esquinas e no cumio, que está cuberto con bóveda de canón semicircular.
Na cabeceira do presbiterio ábrese un nicho no que se atopa unha delicada imaxe en terracota da Virxe co Neno, que seguramente é do século XVI ainda que ten a data de 1952, momento en que se remataron as obras de restauración de esta parte, tendo adosada por este lado a sancristía de menor altura e con cuberta a tres augas.
Destaca a súa fachada principal, testemuña das orixes románicas de toda a fachada, conservase a portada de estilo medieval Románico, así como os canzorros que sosteñen o aleiro nos laterais.
A porta principal posúe arquivoltas baquetonadas e semicirculares, con decoración formando unha liña en zig-zag. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas, nas que podemos contemplar uns interesantes capiteis románicos con formas antropomórficas, sobre esta porta ten un oco circular, e sobre este unha cruz en altorelevo.
Do lado dereito, nunha cartela, está o escudo do mosteiro beneditino de san Salvador de Celanova, o que pertencía e nos laterais da cimeira uns pináculos decorativos.
No lado sur ten unha pequena porta de entrada con tímpano con lenda e arco de medio punto.
Posúe unha espadana de dous corpos, sendo o primeiro de dous ocos con sendas campás, o segundo de un só oco, nos laterais pináculos e na cima cruz de pedra.
Polos laterais disponse ventás rectangulares coa parte superior en arco, non teñen este arco as da sancristía.

No interior da capela maior, de bóveda, con arcos que se levantan desde unhas interesantísimas ménsulas historiadas, dúas das cales proceden de capiteis corintios.
Tamén no interior, destaca nun dos colaterais, un retablo dedicado a Inmaculada e a San José é o que ten maior interés. É de época anterior que o maior, como revela a súa estrutura manierista, de ordes superpostos xónico e dórico, polo que pode datarse a comezos do século XVII. Nos laterais leva pinturas: santa Bárbara e santa Lucía no corpo baixo; e san Sebastián e san Ramón, estes claramente son un engadido do século XVIII.
Na sancristía, nunha pequena hornacina, gardase unha pequena talla de san Rosendo célebre santo de estas terras, fundador do gran mosteiro de san Salvador de Celanova, ó que pertencía outrora esta parroquia, efigiado como bispo, con aspecto de xove.

Segundo un antigo documento, esta igrexa xa existía no ano 889, que se refire a restauración de dita igrexa, que polo seu estado ruinoso, podería ser que existira dende o século VII

Fotos: Elena Gavilanes


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.terradecelanova.com/html/ramiras.html
Iglesia de San Salvador de Paizás
Iglesia de San Salvador de Paizás
Iglesia de San Salvador de Paizás
Iglesia de San Salvador de Paizás
Iglesia de San Salvador de Paizás
Iglesia de San Salvador de Paizás
Iglesia de San Salvador de Paizás


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1720512559
Lonxitude: -8.01165640354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84