Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Lombo do Muíño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O Muíño do Río, recolle as súas augas do rego da Veiga Grande e destaca polo cubo de gran altura, uns 9 metros, o maior coñecido.
A auga é recollida dun regato a uns cen metros de distancia, e conducida por un rego que no seu tramo final convértese nunha canle, de pedra de boa cantería, ao longo do requeixo do monte. No último tramo, e tras superar a grade, e conducida nun tubo de arxila que vai sobre un muro de cachotería que salva o forte desnivel da pendente deica o cubo do muíño. O cubo é cilíndrico por dentro pero forma un prisma no seu exterior para así obter maior estabilidade. O edifico do muíño é de planta rectangular de pedra de cantería de granito. O tellado a unha auga rematada con penais de cantería. As únicas aperturas no muro son a da porta de entrada e a da boca do inferno, pola parte oposta ao cubo.
O muíño mandouno erguer D. Francisco Cubela Núñez e comezou a funcionar en 1922. Tras un par de anos de funcionamento o señor Cubela reservouse 48 horas de funcionamento e vendeu as demais pasando así a ser un muíño de herdeiros e chegando a ter 40 copropietarios.
O señor Cubela morreu en 1941 e contra os anos sesenta xa poucos herdeiros acudían ao muíño quedando este axiña abandonado e cheo de maleza.
Non é ata 1986 que o muíño volve a ser restaurado e acondicionado por iniciativa de Xosé Carballo Espina, natural da parroquia. A pesar de todo, o muíño segue sen uso.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RAMIRO BARROS, Justo “Muíños de río das terras de Pontevedra” [Segunda edición] Deputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-0. Páx: 237-244.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5085800972Lonxitude: -8.51795017719
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Ramiro says:
Xan 15, 2022
Pespectiva do moinho do Rio.Lâmina do livro: Muíños de río nas Terras de Pontevedra. Ramiro Barros Justo (1997).