Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Fontán
Outra denominación do ben: Muíño de Espinosa
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A agua recollea na mesma ceña do muíño do río de onde recorre 500 metros regando hortas e prados. O rego discorre por diante da igrexa parroquial, pasando por debaixo dun curioso retrete de fabrica de cantería situado no mesmo adro da igrexa.
O muíño tiña a pega de que só se podía usar os xoves e os venres, días nos que non se podía regar ao longo do rego pois o dereito a auga estaba reservado para a reitoral que se atopaba ao outro lado da estrada a carón do muíño.
Os derradeiros metros, o rego percorre por encima dun muro dun socalco de 2.50 metros de altura contra a que está acaroada a construción do muíño. O cubo ten forma de pirámide truncada e invertida cunha profundidade de 5 metros. O acceso está subindo uns chanzos que salvan o desnivel da estrada, por un lateral, onde atopamos un pousadoiro acaroado no muro. Os muros son de cantería de granito cun tellado a unha auga rematado en penais de cantería.
No inferno, aínda podemos ver unha biqueira de madeira e un rodicio de fundición.
O dono máis antigo que se lle coñece foi D. Alfredo de Espinosa, promotor dun pazo situado en San Xurxo e sen dúbida o promotor da construción do muíño a finais do século XIX. Sendo esta familia a propietaria ata a o ano 1996 en que foi mercado por Xosé Carballo Espiña, fundador da sociedade “Amigos dos Muíños”
Os veciños lembran as seis casas que acudían ao muíño, debían pagar un pagamento mensual ao cura e recoller e deixar a chave na reitoral.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARROS JUSTO, Ramiro “Muíños de río das terras de Pontevedra” [Segunda edición] Deputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-0. Páx: 244-248.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5111267569Lonxitude: -8.51743519306
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios