Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Beluso (Santa María)
Lugar: Chan de Esqueiros
Outra denominación do ben: Cortellas de Cabo Udra
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Os chozos de Chan de Esqueiros son unha das manifestacións máis primitivas das construcións do rural. Construídos a finais do século XIX, foron utilizaron ata mediados do século XX.

Estas construcións, que serviron de refuxio para os pastores mentres durmían ao lado do seu gando, aproveitan a morfoloxía dos grandes penedos do lugar para engadir unha parede de pedra e unha cuberta en falsa bóveda feita con grandes lousas

Os chozos de Chan de Esqueiro están dentro dun territorio catalogado como Rede Natura 2000, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), e conta con protección integral como Ben do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do Concello de Bueu da Consellería de Cultura.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha E-02 – Páxina 192)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Este chozo atópase lixeiramente derrubado nunha das súas paredes.


Onde está localizado

Latitude: 42.3350944698
Lonxitude: -8.82614940405
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84